
Suso Bastarrechea (..) " comprobaron que a auga da ría se verquía directamente ao mar sen tratamento, pese a que a empresa estaba a cobrar aos veciños unha taxa semestral polo saneamento de entre 40 e 70 euros" Jorge Suárez Así sae a auga ao mar despois da "depuración" na Edar de Prioriño. Jorge Suárez O pasado martes fixemos unha inspección á EDAR de Prioriño, logo dunha inauguración flamante en agosto de 2014, dunha taxa inxusta e do anuncio público en marzo deste ano en rolda de prensa de que xa foran depurados un millón e medio de metros cúbicos, constatamos que todo era unha fraude, que hoxe puidemos comunicar a veciñanza logo de ter o informe técnico oportuno que avala a falta de depuración. A EDAR non tivo enerxía continua para a depuración ata hai escasas semanas, xa que non existía contrato con Fenosa, e só podía funcionar dende xaneiro deste ano, de oito a tres, cun xenerador, que operaba de forma discontinua para a fase de pretratamento (elimin...